Curro de Morgadáns – Xose Luís Méndez Ferrín

Inicio / Curro de Morgadáns – Xose Luís Méndez Ferrín

Homes e sombras que regresan corren a
as greas contra o circuito final das certidumes.
Noto que o meu cabalo colludo vai abrir nas illargas
asas negras de frémito e loucura.
Os pitos de ouro coa súa galiña
espreitan desde o too a cerimonia.
Cheira a sempre.

¡Oh cabalo cativo, torga ruin, can de palleiro,
espello no que se mira a nosa caste!

Por millentos anos este estrondo de cascos
nas cortes vellas da lembranza…

¿Será cecais o curro
todo o que desa Patria sobreviva no mundo?

Xosé Luís Méndez Ferrín