Quen somos

Inicio / Quen somos

A comunidade de montes de Couso: xestión , modernización e diversificación.

Facemos da modernización da xestión  unha ferramentapara converter ao monte nun recurso de valor Multifuncional e fonte de recursos inagotable.

A tradicional explotación madereira de Piñeiros ou Eucaliptos, súmanse novas especies de maíor valor engadido, máis nobles, que coidan máis o valor paisaxístico da nosa foresta e ofrece novos horizontes económicos coa plantación de castiñeiros, ou ás máis recentes de cerdeiras e nogueiras.

Na procura dun monte que teña un maior valor medioambiental, dun contorno máis respectuoso coas especies arbóreas autóctonas, a nosa parroquia traballa na sistemática e constante elminación de especies arbóreas invasoras como as acacias ou os eucaliptos.

Unha parroquia que ten a sorte de estar radicada na parte alta dun fermoso val, inserto nun área periurbana e turística, é un potencial enclave de visitas para parroquianos, veciños de Gondomar e forasteiros. As dúas rutas abertas na parroquia: a dos muiños e a ruta arqueolóxíca son a porta de entrada a un monte que proporciona maior calidade de vida aos que aquí habitamos a aos que nos visitan.

Prestamos especial atención aos escolares programando xornadas didácticas no monte. Queremos que os mais novos coñezan e  valoren máis o seu contorno.

Somos pioneiros nas produccións alternativas do monte: framboesa, arando, grosella, castaña, ou a deliciosa variedade de seta “shiitake”.

No obxectivo de diversificar as fontes de recursos temos avanzado na  producción ecolóxica, na elaboración e comercialización de  artigos envasados como marmealdas de framboesa ou arando.

Comprácenos especialmente ter sido recoñecidos como exemplo de boa xestión, pasando a figurar no rexistro ICCA da ONU. Ou ter recibido o premio IRGADE, pola promoción da nosa lingua.

O camiño foi e sigue sendo complexo, pero estamos comprometidos e convencidos que o monte vai aportar, nun futuro próximo, moitas máis satisfaccións a nosa parroquia, aos que aquí habitamos e a humanidade.