De orixe xapones e venerada na cociña asiática, con enorme proxección na gastronomía mundial. Cada vez ten máis seguidores entre os consumidores galegos. De sabor e textura suave. Os shiitake son únicos pola súa capacidade de achegar vitaminas, minerais, antioxidantes e fitonutrintes esenciais e únicos.
Está considerada un elixir de vida polas súas propiedades medicinais, especialmente contra as células canceríxenas, e debe o seu nome en galego de “cogomelo delicioso”, ao seu inigualable sabor. China e Xapón prodúcena e consomen desde fai máis de dous mil anos e numerosos lugares do mundo seguiron o seu exemplo.
A planta de cultivo que a comunidade de montes de Couso puxo en marcha no ano 2014 produciu xa X quillos de produción e obtendo uns ingresos anuais de ….
A viabilidade económica da iniciativa vén dar a razón á xunta reitora da comunidade, que aposta polo uso funcional do monte, en busca da conservación das especies autóctonas e da creación de postos de traballo. A madeira xa case non xenera beneficios, a construción xa non a demanda e as plantacións de eucaliptos están suxeitas aos prezos por debaixo de custe que impoñen as pasteiras e celulosas.
Por iso a Comunidade de Montes de Couso busca alternativas económicas sustentables para o monte e o shiitake foi a primeira.
O que comezou como proxecto experimental vai en camiño de converterse en explotación. A Comunidade de Montes puxo en marcha esta plantación con 300 troncos de carballo e castiñeiro en xaneiro de 2014, tras inocularles un micelio, unha especie de fungo, e poñelos a producir. Agora mesmo a planta conta con 1000 troncos e 21 hectáreas de superficie forestal coutada para ampliar a produción. Todo provisto de sistemas de rega e toldos para garantir as condicións de temperatura e humidade que require a especie.
Esta iniciativa permitiu a contratación de catro traballadores contratados pola comunidade que atenden o recinto á vez que realizan outras tarefas no monte.
O investimento incial foi de 30.000 euros, financiados ao 30% pola Xunta con fondos europeos Leader e ao 70% con microcréditos persoais de comuneiros.
Deixa un comentario