Couso, ou como transformar a xestión forestal: “Cambiamos os eucaliptos polos cogomelos”

Couso, ou como transformar a xestión forestal: “Cambiamos os eucaliptos polos cogomelos”

Na parroquia de Couso, na parte alta do concello pontevedrés de Gondomar, un grupo de comuneiros está a revolucionar a tradición da xestión forestal galega. Movidos por unha vontade ambientalista e de coidado da súa contorna natural, o equipo liderado por Xosé Antón Araúxo leva agora case quince anos á fronte dun proxecto de transformación do monte que xa foi recoñecido pola Organización das Nacións Unidas como referente internacional na xestión de espazos naturais. Dende 2019 forman parte das Áreas Conservadas por Comunidades Locais (ICCA) da ONU. Un recoñecemento que os “enorgullece e reafirma en que este é o mellor xeito de traballar”, explica Araúxo.

Artigo completo en Gciencia https://www.gciencia.com/medioambiental/couso-ou-como-transformar-a-xestion-forestal-cambiamos-os-eucaliptos-polos-cogomelos

Deixa un comentario

O teu email non será público