El bosque de hadas de As Rasas

As Rasas, Couso

En pleno corazón de Couso os muíños de As Rasas distribúense nun percorrido circular de 9,3 quilómetros de natureza en estado puro, do seu mantemento encárgase a Comunidade de Montes en man común.


A poucos quilómetros do centro de Gondomar atópanse os Muíños de As Rasas emprazados nun roteiro de sendeirismo circular de 9,3 quilómetros de lonxitude que discorre polo río que leva o seu mesmo nome e o Matalagartos. As construcións, un total de 9, datan de 1752 e están contextualizados nunha contorna espectacular onde a vexetación campa ás súas anchas ata o punto que por momentos o percorrido que nace e morre na casa veciñal da parroquia gondomareña vólvese sombrío e moi húmido. Isto é precisamente o que o fai especialmente atractivo e trasládanos a un contexto natural puro e virxe conservado pola Comunidade de Montes en man común de Couso, que desde a súa posta en valor en 2010 vela pola integridade do conxunto realizando tarefas de limpeza de maneira periódica ademais de encargarse da sinalización do percorrido. O presidente da entidade, Xose Antón Araúxo, incide na riqueza do lugar para o que teñen pensado proseguir coa musealización do espazo coa instalación de puntos informativos sobre o terreo dun conxunto etnográfico que conta con varios séculos de antigüidade ás súas costas.

Ler noticia completa

Deixa un comentario

O teu email non será público