Bosque da Lingua

Bosque da Lingua

Este proxecto iría encamiñado a lograr os obxectivos establecidos para o mesmo, logrando un equilibrio entre o que é o ámbito do proxecto, o tempo  do que se vai dispor para levalo a cabo e o orzamento que sustentará a viabilidade do proxecto.

Contextualización

Este proxecto parte dunha vinculación cooperativa entre a comunidade de montes de Couso e a Asociación Verdeval (vinculada coa protección e  custodia ecosocial e ambiental do territorio do entorno). O proxecto levarase a cabo no ámbito xeográfico de Gondomar en concreto no monte  de As Rasas. Abrangue unha superficie  que comprende dentro da mesma área o bosque da memoria xestionada pola mesma comunidade de montes de Couso.

A vinculación de obxectivos encamiñados á potenciación do coñecemento e uso do idioma galego xunto con obxectivos medioambientais  ecosociais leva ao deseño e formulación desta proposta que pretende alcanzar obxectivos ambiciosos que persigan un obxectivo final de  conservación, apego, difusión e uso do noso patrimonio cultural, social e ambiental facendo fincapé na lingua galega e destinada  fundamentalmente aos colectivos docentes (centros de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos de formación profesional de grao básico, medio ou superior, ensinanzas de réxime especial, ensinanzas para adultos, centros de educación especial), así como as  distintas institucións colaborativas que interveñan no proxecto.

Un traballo en equipo que planificará e desenvolverá accións innovadoras que pretenden implicar e fomentar o uso da lingua galega e á vez  promover o coñecemento cultural para garantir unha competencia comunicativa en galego.

Este proxecto está vinculado tamén a Axenda 20/30, especialmente nos seguintes obxectivos, formulados polas Nacións Unidas e para cumprimento no ano 2030. Os obxectivos perseguen a igualdade entre as PERSOAS , protexer o PLANETA e asegurar a PROSPERIDADE como parte dunha nova axenda de desenvolvemento sostible:

  • Educación de calidade
  • Igualdade de xénero
  • Auga limpa e saneamento
  • Enerxía asequible e non contaminante
  • Traballo decente e crecemento económico
  • Cidades e comunidades sostibles
  • Produción e consumo responsables
  • Acción polo clima
  • Vida de ecosistemas terrestres

Utilizar, promover e divulgar a lingua galega en todas as actividades que se leven a cabo no espazo xeográfico natural do Bosque da Lingua para que se constitúa como un referente natural.

Crear un novo ámbito de uso do galego oral e escrito, nas relacións con toda a comunidade educativa e social, e favorecer a transmisión interxeracional.

Achegarlle a lingua e o coñecemento da realidade sociocultural galega ás persoas neofalantes e estranxeiras. Traballar e promover distintas actividades cara a consecución dunha promoción e dinamización da lingua galega na súa oralidade e escrita. Promover a valoración e respecto pola lingua galega e polo espazo ambiental creado.

Manter informada á comunidade educativa e veciñal de acontecementos vinculados a este espazo a través de actividades de dinamización, exposicións naturais, redes sociais,…

Dotar ao espazo de accesibilidade e uso dos materiais axeitados naturais e sustentables para a construción, divulgación e uso para o coñecemento da lingua e cultura galegas a través de distintas áreas: culturais, científicas, artísticas, tecnolóxicas…

Facilitar e organizar a asistencia ao Bosque da Lingua de ilustradores, escritores, contacontos, grupos teatrais e de música tradicional, ou persoeiros relevantes da escena pública, que promovan a lingua e cultura galegas, así como o uso medioambiental e ecosocial do mesmo.

Potenciar a valoración positiva do uso do idioma galego. Manter e promover relacións abertas co concello, centros educativos, IEM, ANPAS , comunidades de montes, asociacións veciñais,.. Promover o coñecemento da contorna inmediata: características do medio natural, historia, arte, xeografía…

Desenvolveranse actividades que terán que ver con distintas disciplinas ou materias, organizadas temporalmente ao longo do ano e
secuenciais na duración do proxecto, na que distintos fíos condutores guiarán cada proposta que se contextualizará para cada período
de vixencia anual, a través dunha metodoloxía dinámica, cooperativa e participativa a través de :


ARTE/ ARTES

Como conxunto de actividades humanas de índole creativa, comunicativa e subxectiva para intentar
conmover, producir beleza, espertar sentimentos ou reflexións todo a través da observación, manipulación de materiais
de diversa natureza:

  • Artes decorativas (arte, artesanía…)
  • Artes visuais (pintura, debuxo, fotografía, escultura, gravado, cerámica…)
  • Artes escénicas (teatro, música, danza, cine)
  • Artes literarias (A literatura é a forma de arte que emprega a linguaxe e a escritura para producir obras estéticas, xa sexa de tipo rítmico e descritivo (poesía), narrativo (novela, conto) ou textos teatrais  (dramaturxia).

CIENCIA

AMBIENTAL ECOSOCIAL COMPROMISO ECOLÓXICO

MONTE VIVO

CONFERENCIAS AO AR

Atenderá a unha liña anual que abarcará actuacións tanto nos distintos centros educativos como no uso social particular ou doutros colectivos.

Recursos humanos

  • Comunidade de montes de Couso
  • Asociación Verdeval
  • Comunidades educativas Val de Miñor e contorna
  • Instituto de Estudos Miñoráns (PUGA Promoción e Uso do Galego)
  • Concellos
  • Outras comunidades de montes
  • Asociacións veciñais
  • Outras institucións.

Recursos materiais

  • Zona de recibimento ao Bosque da lingua ( panel informativo de itinerario, asemblea, favorecer a accesibilidade a través do bosque)
  • Parque de ocio
  • Espazos educativos dentro do bosque. (Anfiteatrto, zonas de investigación, zonas de creación…)
  • Sinalización das distintas especies. (Sinalización de especies ( 10 mínimo), QR
  • Sinalización de itinerarios no Bosque
  • Zona de obradoiros (casetas paxaros, comedeiros, hotel insectos,…)
  • Zona de xogos con elementos naturais
  • Zona de mapa do Bosque
  • Árbores literarias ( poetas, escritores/as,…)
  • Árbores da arte ( pintura, música, escultura…)
  • Sinalización panel
  • Troncos con poemas gravados ou pintados
  • Deseño de árbore cos nomes das poetas

Previsión de elementos materiais para o parque de xogos:

  • Asemblea entrada con tocóns de madeira
  • Bancos (3 con respaldo e 3 sen respaldo)
  • Mesa cubiles (1)
  • Conxunto de troncos
  • Cociña, laboratorio Bandada de traballo
  • Mesa de experimentación.
  • Peches perimetrais do parque a cargo da comunidade de montes.
  • Hotel de bichos
  • Casiña
  • Mámoa túnel

Recompensas

Piñeiro 10

  • Entrada concerto de música tradicional
  • Mención no Bosque da Língua
10 €

Carballo 30

  • Entrada concerto
  • Mención no Bosque da Língua
  • 1 bote de marmelada ecolóxica de froitos do bosque
  • 1 bote de marmelada ecolóxica de framboesa
30 €

Freixo 50

  • Entrada concerto de música
  • Mención no bosque da língua
  • 1 bote de marmelada ecolóxica de froitos do bosque
  • 1 bote de marmelada ecolóxica de framboesa
  • 1 tronco inoculado con shiitake para a túa casa
50 €

Castiñeiro 100

  • Entrada concerto de música tradicional
  • Mención no bosque da língua
  • 1 bote de marmelada ecolóxica de froitos do bosque
  • 1 bote de marmelada ecolóxica de framboesa
  • 1 bote de paté de Shiitake
  • 1 tronco inoculado con shittake
  • Entrada na zona de baño durante 5 anos
100 €

Cereixo 200

  • Entrada concerto de música tradicional
  • Mención no bosque da língua
  • Espazo reservado no bosque das memorias
200 €

Nogueira 300

  • Entrada concerto de música tradicional
  • Mención no bosque da língua
  • 1 bote de marmelada ecolóxica de froitos do bosque
  • 1 bote de marmelada ecolóxica de framboesa
  • 1 bote de paté de Shiitake
  • 1 tronco inoculado con shittake
  • Entrada na zona de baño durante 5 anos
  • Espazo reservado no bosque das memorias
300 €

Deixa un comentario

O teu email non será público