Torta “Relada” de framboesas e chocolate, na TVG

Torta “Relada” de framboesas e chocolate, na TVG

Hoxe Rafa Durán a nosa comunidade de montes para recoller framboesa e facer: Torta “Relada” de framboesas e chocolate.

AQUI podedes ver o vídeo completo

Estache bo! TVG

Ingredientes:

– 5OO gr. de framboesas

– 1 cullerada de maicena

– 4 culleradas de azucre

– 1 libra de chocolate para fundir ou chocolate para cobertura

Para facer a masa:

– ½ kg de fariña de trigo

– 200 gr de manteiga sen sal

– 2 ovos

– ½ cunco de leite

– 120 gr. de azucre

– 1 sobre de lévedo

Elaboración:

 A sobremesa de hoxe vai de framboesas. Nun cunco mesturamos a fariña, a manteiga, os ovos, o azucre, o leite e o lévedo. Amasamos e metémola masa no conxelador durante 20 minutos. Noutro cunco mesturamos as framboesas coa maicena e o azucre.

Relamos a masa cubrindo a fonte de forno, enriba as framboesas e uns anacos de chocolate. Cubrimos co resto da masa relada e enfornamos 40 minutos a 180 graos.

Derretemos o chocolate no microondas, metémolo na manga pasteleira, facemos as filigranas e directo ao conxelador. Empratamos e listo para comer…!!!

Así mesmo, Isabel Villanueva visitará de novo o plató para axudar a Xoanqui coa receita.

Deixa un comentario

O teu email non será público